"Mortais e vulnerables” e o segundo solo de Nuria Sotelo.
Despois de 11 anos da aparición do primeiro solo, “Métanse nos seus asuntos”, que marcou o comezo de Licenciada Sotelo, Mortais e vulnerables ven marcar a transformación en Furia Sotelo.
Este solo de danza contén o paradoxo dende o seu plantexamento inicial, xa que xorde do desexo de encontro, da necesidade do encontro. Da vontade de continuar indagando na práctica da creación colectiva. Un corpo ao servizo das olladas de diferentes coreógrafas que acompañan o proceso de creación: Aitana Cordero, Ánxela Blanco, Alejandra Balboa, Mónica García e Clara Ferrao.
Un corpo vulnerable; fráxil ante as olladas que o fortalecen. Un corpo que se constrúe a través das outras.
E o sempre vívido desexo de bailar. O desexo de levar a cabo “Mortais e vulnerables” xorde antes da pandemia, como unha especie de premonición, adquirindo novos significados ante esta
nova realidade.