Nómadas fala sobre a experiencia do ser humano diante dunha situación de cambio de país, desarmar a casa para viaxar e moverse na busca dunha nova vida. Un espectáculo visual, sen palabras, onde o espectador pode viaxar con creatividade a través das imaxes que se van construíndo en caixas que deixan de ser caixas para transformase en animais mitolóxicos, en globos que viaxan a outros países, en portas que atravesar, persecucións sen fin, caixas que non encaixan e soños que se perden no medio delas. Nómadas nace da necesidade de seguir indagando na creación dunha linguaxe multidisciplinar e continuar dando forma a unha proposta escénica propia, que transporta ao espectador cara a un calidoscopio de emocións, onde conviven o enxeño, o humor, a creatividade e a poesía. Nómadas é unha viaxe onírica á imaxinación, unha oda ao acto valente de viaxar, de deixar atrás o vello para internarse no descoñecido. Un baile de emocións, un deleite para os sentidos. Este espectáculo é unha coprodución entre La Llave Maestra e o Teatro Municipal Gayarre de Pamplona co Fondo Iberescena. www.lallavemaestra.com.es