Amarola Producións presenta o documental, "O CAMIÑO MOZÁRABE: SANGUE, SUDOR E FE" de José Antonio Vázquez Taín
O documental trátase dun proxecto con máis de dous anos de investigación no cal se quere poñer o foco de atención do público nunha dos roteiros máis relevantes do Camiño de Santiago, a cal foi inxustamente relegada nos últimos anos e tentamos recuperar co seguinte proxecto.
O documental "O CAMIÑO MOZÁRABE: SANGUE, SUDOR E FE", constrúe un relato do audiovisual en formato documentoal que enxalza a memoria deste roteiro ancestral.Aínda que o documetal nun principio trata dos roteiros de pregrinación, tamén profunda profundamente no intercambio de culturas e comercio entre o suer da península ata o norte.
O documental relata máis dun milenio da historia da Vía da Prata e recolle con fidelidade a súa evolución dende a época prehistórica a modo de conector entre o mediterraneo e as augas do Atlántico. Durante todo o proxecto recóllese unha serie de episodios históricos relativos ao Roteiro. Un dos puntos clave xace nos usos previos do Camiño antes da peregrinaxe, cuxo orixe se remonta á época prerromana. No documental veranse algunhas das prácticas máis comúns nesas zonas, como a transhumancia de gando e que dende a antigüidade ata a actualidade tivo estreita relación co roteiro.
O camiño pódese describir como un roteiro cultural tanto como comercial, as posibilidades que se ofrecían para o transporte de mercadorías polos diferentes puntos do territorio son tremendamente significativas. A partir do século XIV empezouse a comercializar con productos procedentes do outro lado do mar como millo, patacas, etc. O comercio foi unha das principais razóns para medrar a significancia do roteiro ( a parte dos alimentos, os metais preciosos tamén foron unha parte moi importante da comercialización no mesmo). O intercambio posibilitou que chegasen productos costeiros a partes do interior.
Os mozárabes ao ser un dos únicos pobos que repoboaban zonas de guerra ( como mosteiros de Ourense) protexían aos pregrinos e comerciantes do roteiro dos perigos ata as novas colonias (chamados as Ordes do Camiño). Para terminar, destácase sobre todo a orixe prehistórica da Vía de Prata.
Fálase da Vía en relatos da época romana, que contan o percorrido do Camiño dende os montes de Cadíz ata A Coruña (lenda de Hércules). Poderíase dicir que foron os romanos que industrializaron o roteiro aínda que antes de iso xa existía unha rica historia que moitas veces pasa desapercibida e que este proxecto asegúrase de non deixar caer no esquecemento.