Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
Jordi Galcerán Ferrer naceu o 5 de marzo de 1964 en Barcelona. Comeza a súa andaina no teatro con dezaoito anos, debutando como actor afeccionado no Centre Moral i Cultural del Poble Nou. A partir de 1982 comeza a escribir comedias que eran representadas en circuítos amateurs, e nas cales participaba como actor e director.
Posteriormente, a súa labor no mundo do teatro foise extendendo a outros ámbitos como a adaptación de obras, a dirección escénica e a tradución.
Despois de pasar polo ámbito educativo, todas as actividades profesionais que desenvolveu estiveron relacionadas coa escritura: tradutor, guionista de cine ou televisión, narrador e autor teatral
O texto
O método Grönholm (El mètode Grönholm) chega ao Teatro Nacional de Cataluña no mes de maio de 2003. Baixo a dirección de Sergi Belbel obtén un éxito sen precedentes. No 2004 estréase en Madrid,da man de Tamzin Towsend, chegando a ampliar unha temporada máis nas dúas cidades. O método Grönholm ofrece unha reflexión sobre a deshumanización do capitalismo salvaxe.
Representada en máis de 50 países, O método Grönholm foi vista por máis de 2.000.000 de persoas.
En 2005 o director arxentino Marcelo Piñeyro realizou unha adaptación cinematográfica (O Método).
O director
Xúlio Lago, un dos directores de escena de maior prestixio do panorama teatral galego. Dirixiu máis de 30 montaxe e participou activamente na creación dunha estructura teatral galega centro dramático, asociacións-profesionais,...).Os seus espectáculos caracterízanse por unha coidada posta en escena.
Colabora
Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com