Diversas persoas baixo o mesmo teito ilegal: unha que traballaba nunha empresa de desafiuzamento, outra que ten un hospital de obxectos perdidos para a sociedade, unha pintora amadora idealista que cre no decrecemento, unha doutoranda que debe acabar a súa tese sen un can, unha que escribe dende a atalaia da cultura que ninguén comprende...
Todas se xuntan nunha casa abandonada preto do parque do crepúsculo, a carón do cemiterio. O que fan non é legal, okupar a casa, e, ao tempo, é de xustiza para as súas vidas e o seu xeito de pensar.
O moral vai contra o legal. Coñeceremos as súas arelas, o seu intento por vivir doutra maneira nunha sociedade en perigo de alienación.
Iremos descubrindo como o seu pasado as foi levando a ser okupas e como loitan, cada unha ao seu xeito, por ter
algo ao que poder chamar futuro. O que se pretende amosar é sinxelo: outros xeitos de vivir son posibles.
Cando todo parece levarnos á distopía, é hora de volver buscar a utopía.