Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
¿Non sabes quen son?” Con estas palabras Luka Laban, o profesional”, entra no despacho e na vida de Teodor Teja Kraj,
un antigo militante da oposición ao réxime do mariscal Tito convertido agora en director dunha cambaleante editorial ao borde da quebra comercial.
Durante dúas décadas, Luka policía da desaparecida brigada política- tivo a misión de vixiar o antigo revolucionario,gravando e transcribindo as súas conversas e recollendo os recordos fetiche que o mozo tiraba no camiño. Apartado do servizo polo novo goberno, chega ao despacho do que acaba de ser nomeado director editorial para revelarlle como os seus destinos coincidiron unha e outra vez. Hai vinte anos que viven un ao lado do outro, ata o punto que un deles chegou a se converter na sombra inseparable do outro, o seu secretario, o seu anxo da garda… Pero iso Teodor non o chegou a saber nunca.
Teodor, o intelectual que mudou as súas conviccións sociais e políticas por un bo salario e unha carreira emerxente, verase reflectido no espello de Luka, o vello funcionario que, nun mundo que cambia vertixinosamente, resístese a abandonar sen rematar a misión que lle fora encomendada.
Con esta enigmática exposición de inicio, Kovacevic preséntanos unha divertida e emocionante metáfora das grandes ambigüidades e contradicións da Iugoslavia comunista e da historia recente da nova Serbia.
Colabora
Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com