Oceanía é o testamento artístico e vital de Gerardo Vera.
É o último proxecto que pariu antes de que o coronavirus o levase prematuramente, e sen dúbida o máis ilusionante dos miles de traballos realizados ao longo do seu medio século de carreira en pantallas e escenarios.
Oceanía é o recordo dunha vida apaixonante. É o retrato dun país e dunha época. É a mirada outonal dun home excepcional que un bo día sentiu a necesidade de poñer negro sobre branco a historia da súa vida. Centos de páxinas nas que plasmou sen pudor unha realidade tamizada polo veo do recordo: a súa infancia privilexiada, a dolorosa ruína da súa familia, o nacemento do seu eterno amor polo cinema, o descubrimento do amor, o racho do desamor, o compromiso político, o odio ao pai, a reconciliación a través da compaixón. E o xerme do teatro, a súa verdadeira paixón que lle acompañou ata os seus últimos días.
Oceanía é o resultado da destilación desas páxinas en forma de monólogo.