A compañia Sincronacidas é unha compañia galega formada por Monica Suárez e Greta Marí no ano 2018. As súas produccións se caracterizan por ter o humor como eixo principal, fusionándose con outras disciplinas, como o circo e a danza. O seu primeiro espectáculo, Premio Fetén 2019 a Mellor Espectáculo de Rúa, é Ohlimpiadas, que contou co apoio do Festival Circada e a estreita colaboración de Pistacatro. OhLimpiadas: Proposta fresca e divertida na que dúas limpiadoras ven como a súa rutina é retransmitida coma se dunha competición olímpica se tratara. A cotidianidade narrada coma se estivesen no Tour de Francia ou nos mundiais de natación sincronizada para construir un mundo absurdo e disparatado. O espectáculo conta, ademáis, coa voz en off de Julia Luna, comentarista habitual dos mundiais de natación e dos Xogos Olímpicos de TVE. Estas situación cobran vida grazas á combinación de técnicas como a Danza, os Portés acrobáticos e, por suposto, todo regado cunha boa dose de humor que da soporte a este mundo de disparate que construimos para o deleite de tódolos público. Espectáculo gañador do Premio Fetén a Mellor Espectáculo de Rúa 2019.