En “OLIVIA Y EUGENIO”, nai e fillo enfrontan unha situación extrema onde se cuestionan valores que xorden en tempo de crises. A traxedia achégase irremediablemente a Olivia, que rememora o seu pasado facendo un sincero axuste de contas co seu marido, nai, amizades, médicos, e con todos aqueles que presumen de ser normais, como políticos, profesionais e deportistas con éxito. Sobre eles Olivia exponse se son máis normais que o seu fillo Eugenio, un mozo con síndrome de Down. Finalmente, quen é normal nesta vida?. Do mesmo xeito que Job, Olivia tamén axusta contas con Deus, queixándose da cruel vellez que leva aos poucos órganos vitais que lle permitían vivir dignamente. A pesar do latente suicidio, a obra quita ferro á traxedia, é dicir non a dramatiza nin a melodramatiza con discursos sentimentaloides, Olivia xa pasou esa etapa. Agora enfróntase á mecánica do prosaico, o ordinario. Isto sería análogo a un suicida que dubida da resistencia da soga e ten problemas para facer ben o nó corredizo. Axuda a esta desdramatización a participación inxenua de Eugenio que sen querer abre unha alternativa á enésima hora obrigando a Olivia a pensar se non hai outra solución ou polo menos postergala. Ao final, cando todo está decidido e encamiñado salta a sorpresa para ela e loxicamente para o espectador. É unha obra actual dentro do marco da corrupción política, terrorismo, alcoholismo xuvenil, inseguridade cidadá, da que se desprende outra pregunta, quen é realmente feliz, unha persoa que parece ter éxito ou un mozo como Eugenio? Houbo varias películas en España e no estranxeiro onde participaron persoas con Síndrome de Down, pero até onde puidemos pescudar en “Olivia y Eugenio” é a primeira vez onde actúa un deles durante toda a obra. Ter a Concha Velasco levando o peso do drama e a José Carlos Plaza como director é un orgullo moi grande para calquera autor que pretende que a súa obra chegue a públicos comprometidos.