“Zen del Sur” é o resultado dun traballo de investigación conxunto entre bailaríns, acróbatas, músicos contemporáneos e deseñadores, quen se deu como obxectivo desenvolver un diálogo creativo entre son e movemento, perseguindo a emoción. A Compañía está comprometida cunha forma de aprendizaxe onde a improvisación e a exploración de novas linguaxes son cruciais ao longo de todo o seu proceso creativo. Destaca o carácter polifacético dos seus artistas e as súas capacidades para xerar expectación e transmitir unha sensibilidade especial en escena a través do control e a expresividade corporal fusionada coa música.
O obxectivo principal de Zen do Sur é emocionar a través da integración de diferentes artes e facer partícipe ó espectador das ideas e sentimentos que mostran en escena.
“ÓRBITA”:
«Traxectoria que describe un obxecto físico ao redor doutro, baixo a influencia dunha forza central».
Este fenómeno representa a relación que se establece entre Carlos López e Noemí Parella, dous artistas polifacéticos que interaccionan a través de diferentes linguaxes contemporáneas de movemento, elementos de circo e a música en vivo baixo a atracción gravitatoria das súas raíces: Cádiz, o mar e a arte flamenco.
Órbita é pura poesía en movemento. Unha obra cargada de forza e sensibilidade na que se pode apreciar unha verdadeira mestizaxe artística e que ofrece ó espectador unha visión integradora da arte e as diferentes linguaxes escénicas que a compoñen.
Premios ó espectáculo ÓRBITA:
• Premio ó mellor espectáculo de sala na Feira de artes escénicas de Castela e León – Ciudad Rodrigo 2020.
• Nomeado nos Premios PAD 2020 a Mellor música orixinal.