"O meu antigo amo costumaba dicir que todo o bo ou malo que nos pasa aquí abaixo estaba escrito alá enriba" Denis Diderot Jacques e o seu amo camiñan cara o lugar máis próximo, como fai todo o mundo. Para entreter o camiño, Jacques o fatalista e o seu amo contanse historias, falan da vida e acaban por falar do amor, como fai case todo mundo. Aproveitando que non hai mulleres, permítense dicir cousas das mulleres que non se atreverían a dicir se houbese mulleres diante. Como fan algúns homes. Bastantes. Este paraíso masculino "estragase" cando aparece en escena a Pousadeira. Ou cando Jacques e o outro chegan á pousada dela. A Pousadeira é tan falangueira como Jacques e conta contos, fala das cousas da vida e emite asombrosas opinións sobre as mulleres e os homes sen importarlle moito ser escoitada por tres homes. Si, tres, porque ademais de Jacques e o seu amo tamen escoita, atentisimo e calado coma un peto, o marido da Pousadeira. Estes contos, interrompidos constantemente polos outros, como acontece nas mellores conversas, tentan buscar a diferenza entre o enamoramento e a sedución, entre o sentimento e o instinto, entre a paixón e a violencia, entre o engano e o enxeño, entre o insulto e a liberdade de expresión, entre o nefando pecado do adulterio e a libre circulación de fluidos...en definitiva, sobre os amores. Tamén se tratarán temas importantes como a dominación de clase, a prostitución, a amizade, o roubo, a coraxe, a poesía e o tabaco.