Un home, con afán de fama e recoñecemento póstumo, invoca ás musas para que lle inspiren una nova fórmula poética. No seu lugar acode a Novidade, quen o tomará como o seu protexido e converterao no duque da Gloria, un insólito ser, que coa súa extraordinaria vestimenta (botas azuis, aguilucho por gravata e bastón con axóuxere), chegará á corte escandalizando e atraendo a curiosidade de todos. A súa misión será deixar en evidencia, mediante a ironía e a burla, á sociedade madrileña, dominada pola hipocresía e vaidade, así como, tamén, á ripia literatura que se comercializaba na época.
Un actor e catro actrices encarnarán moitos personaxes; interactuarán transformándose, multiplicándose, exercendo funcións simbólicas esenciais e provocando emocións de alta intensidade.
A AUTORA, naceu en 1837 en Santiago de Compostela. En 1856 viaxou a Madrid, onde coñeceu a diversos intelectuais da época, entre eles Manuel Martínez Murguía, con quen casou e tivo seis fillos. Rosalia, sobre todo, e coñecida pola sua faceta poética: Cantares Galegos (1863), Follas Novas (1880), Nas beiras do Sar (1884)…aínda que tamén foi unha gran prosista. Como muller e autora destaca polo seu feminismo e polo seu compromiso social. De saúde delicada, morreu aos 48 anos na súa casa de Padrón.