CINECLUBE PADRE FEIJOO - OUT_DEC_23
Rúa Paz 9
32005 - Ourense
CINECLUBE PADRE FEIJOO - OUT_DEC_23
Compartir:
Dúas historias de amor paralelas nas que as parellas ven frustradas por obstáculos ocultos e inevitables, a forza da superstición e a mecánica do poder.
A soa existencia desta película é case un milagre. Rodada na clandestinidade por Jafar Panahi, pouco antes de ser detido e sentenciado a unha pena de cárcere de 6 anos, NON BEARS é unha obra maior dentro da filmografía do mestre iraniano. Un monumento ao compromiso do artista coa súa arte, a sociedade e a liberdade de expresión.
Jafar Panahi (Mianeh, Irán). Diplomado en dirección pola Escola de Cinema e Televisión de Teherán, comezou a súa carreira realizando curtametraxes documentais e de ficción para a televisión iraniana. Emblema da Nova Vaga do cinema iraniano, as súas películas recibiron galardóns como o León de Ouro en Venecia (O círculo, 2000), o Oso de Ouro en Berlín (Taxi Teherán, 2015) ou o premio ao mellor guión en Cannes (Three faces, 2018), entre outros moitos.
Jafar Panahi estaba encarcerado cando Os osos non existen presentouse na sección oficial do Festival de Venecia. Representado por algúns dos intérpretes do filme, o cineasta recibiu o Premio Especial do Xurado no certame, onde houbo un aplauso unánime non só a este traballo, senón a toda a carreira e á valentía deste gran cineasta.
Afortunadamente hoxe, tras unha ameaza dunha folga de fame Panahi vive en liberdade, e sen a restrición de viaxar que tivo durante moitísimos anos. Con todo, sufría a persecución tenaz do goberno cando rodou en segredo esta película, un máis dos seus arriscados, valentes e reivindicativos actos de desobediencia #ante o réxime autoritario do seu país.
Premios 2022: Festival de Venecia: Premio Especial do Xurado.
"Unha obra mestra tan triste, tan bela e tan clara que asusta."
Luis Martínez: Diario El Mundo
Organiza / patrocina
Deputación Provincial de Ourense
Teatro Principal de Ourense
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com