Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
A obra consta de tres historias con 12 personaxes onde teñen relevancia as dúas actrices que representan cada unha tres personaxes distintos. A acción desenvólvese nun sorprendente e curioso escenario, o interior dun tanatorio de Madrid, unha sala ben amoblada, cómoda, coa particularidade de verse no lateral esquerdo un gran círculo acritalado onde se supón está o defunto de cada un das historias.
PRIMEIRA HISTORIA: VERÁN.
Verán época actual, un rico posuidor de terreos, fábricas e dedicado ao ladrillo, é o defunto. A súa viúva é a única que vela o cadáver, unha snob da boa sociedade que está farta da súa vida conxugal, espera que veñan moitos amigos e empregados ao enterro.
Como o defunto era tan ogro, apenas acode xente, entre eles un vello empregado ao que arruinou, que acode a festexar a súa morte, ligar coa viúva en vinganza e practicar as delicias do amor in situ. O outro personaxe feminino, é unha actriz contratada como carpideira nestes obitus, igual que o personaxe masculino.
SEGUNDA HISTORIA: PRIMAVERA.
Unha anciá morre despois dunha longa enfermidade, coidada por dúas amigas nos últimos cinco anos. En agradecemento a anciá testa como herdeira a favor destas dúas amigas, xa que non ten a ninguén máis no mundo.
A historia é a alegría continua destas dúas mulleres por saberse ricas, beben, cantan e bailan facendo do velorio unha esmorga en agradecemento á vella enferma morta.
Complícase o enredo cando aparece o seu fillo reclamando a herdanza, un suxeito inmoral que xa fora desherdado pola morta en vida.
TERCEIRA HISTORIA: INVERNO.
Ten un aire policíaco, o dono dunha xoiaría importante de Madrid foi asasinado na súa xoiaría. No acto aparece a súa muller, doída e consternada.
Asisten tamén un empregado da xoiaría e un comisario da policía que investiga o caso. Outra muller aparece no velorio, trátase da amante do xoieiro durante os últimos anos.
As dúas mulleres ao coñecerse, demostran unha educación exquisita que naturalmente pola tensión da situación se converte nunha batalla tanto física coma psíquica.
A investigación do crime segue a súa marcha e despois de abandonar as sospeitas pola muller, o amante e o dependente, decatámonos que o morto....
As dúas mulleres séntense visiblemente atraídas.
Colabora
Teatro Principal - Deputacion Provincial de Ourense
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com