Empezamos cunha especie de anxo que vive feliz e contenta unha vida ideal, pero aburrida e coa sensación de que non encaixa neste "ceo". ela ten o soño de ser un anxo da garda aínda que se ve, por veces, coma unha "superheroina". Aínda non sabe voar e descobre, de casualidade, que lle resulta mais doado nadar que voar. Quen non ten visto nunha casa un deses cadros nos que aparecen axiños pintados?. un deses seres inocentes protagoniza o último espectacúlo da pallasa Pepa Plana, neste caso traballa co dramaturgo e director Ferruccio Cainero. Un espectacúlo divertido que nos conecta coa cara mais tráxica do mundo que vivimos e, como fan as boas pallasas, ponnos diante do espello para vernos refectidos e interpelados. Estreada no Festival Grec de Barcelona en xullo de 2016.