Punk estrea de novo, Peor Imposible. A madurez dun pallaso irreverente, gamberro, inconformista e políticamente comprometido. Isaac Rodriguez métese de novo na pel de Peter Punk, que para moitos é o mellor pallaso galego do momento, pera enfrontarse á realidade a golpe de humor e un chisco de mala baba. Estrea Peor Imposible, o seu carto espectáculo, co que se consolida a súa colaboración con Walter Velázquez, prestixioso dramaturgo arxentino que actualmente dirixe a nova montaxe do Teatro Nacional Cervantes de Buenos Aires. O pallaso galego e o director arxentino teceron fermosas imaxes e complexos equilibrios cos comentarios ácidos característicos da personaxe atas construir un espectáculo irreverente e comprometido. Humor retranqueiro, números participativos, equilibrios con nove paraugas, un impactante circuito da morte e un evocador final cun arriscado equilibrio son algún dos fíos dos que está feito Pero Imposible, una proposta clown nacida en Galicia e punteira a nivel internacional que pronto chegará a todas as prazas e teatros do país. Cunha década de traxectoria profesional e máis de 900 funcións ás súas costas, Peter Punk é cultura popular pura e dura. Popular e comprometida, coa creación e coa sociedade. Querido polo pobo de Galicia, España, Brasil, Arxentina, Palestina, Italia Portugal, este pallaso gamberro que se resiste a medrar foi tamén recoñecido en varios certames internacionais, ente os que destacan o Mundoclown Vigo 2008 e Festiclown Rivas Vaciamadrid 2013 e 2014. Peor imposible é un espectáculo que dá conta da madurez creativa acabada por un artista singular, que bota man dun humor desvergonzado e fresco para enfroscarse á cara máis amarga da realidade.