En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o PRESIDENTE do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o PRESIDENTE visitará persoalmente ós votantes nas súas casas para convencelos de que o voten.
Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do PRESIDENTE. Unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais, ou unha familia monoparental antisistema escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o PRESIDENTE disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor. Conseguirá o PRESIDENTE o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos ?. Coñecerán o resultado das eleccións ó final de esta comedia electoral de manipulación política: PRESIDENTE.