Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro

Compartir:

    Protocolo del  Quebranto xorde baixo o propósito de levar a escena os motivos e consecuencias das guerras e os conflitos. Dende que hai un “outro” se establece unha base para a orixe do enfrontamento. O uso e o abuso do poder é inherente á condición humana, só é necesario un ecosistema propicio.
   O mundo está dividido entre amigos e inimigos, aliados e rivais Pódese ser neutral? Explorar fronteiras de conceptos como poder, xustiza e moralidade. Analizar as relacións humanas vistas dende a perspectiva da necesidade de supervivencia.
A idea do espectáculo xógase en dous planos independentes pero permanentemente entrelazados entre si:
   O primeiro plano é a trama situada en OSEL, en  un  lugar entre fronteiras dunha zona en permanente guerra no que se cruzan tres personaxes: Luján, Crezk e Nadia.
 No segundo plan,: o Diálogo dos melios (que se utiliza como estrutura textual) de Tucídides. Dúas forzas de diferente nivel de poder dialogando por intereses contrapostos e polo que é inviable chegar a un acordo.
   Na Historia da Guerra do Peloponeso, Tucídides narra os conflitos que sucederon na Antiga Grecia entre as polis de Atenas e Esparta onde destaca o famoso Diálogo dos melios, unha conversación entre atenienses e os habitantes da illa de Milos, sobre a súa futura relación.
   O imperio ateniense intimida ós melios a concertar unha alianza con eles ou a ser destruídos. Os melios responderon argumentando que debía respectarse a súa neutralidade, con todo, os atenienses rexeitaron discutir a Xustiza das súas demandas ou calquera outro argumento. Así pois, os melios lonxe de buscar unha improbable utilidade común co poderoso (Atenas), prosegue a súa aloucada carreira cara a ningunha parte, isto é, cara á súa destrución.
   É xusta unha guerra?, cómo se crean os inimigos?, hai algunha físgoa humana entre tanta destrución?, quén decide as guerras?, hai moralidade en quen vence?
 
 

 
 
Data/s:
14 Xan 2024
Hora/s:
19:00 h
Duración:
75'
Descanso:
Non
Público:
Adulto
Idioma/s:
Castelán

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar