Caramuxo Teatro é unha compañía de Teatro Infantil e familiar nada na Coruña no 2003 formada por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. No 2005 estrean Glub, Glub, o que foi no seu momento o primeiro espectáculo de teatro para bebés producido en Galicia. Actualmente, ademáis de traballar nunha liña específica para bebés, co espectáculo “Zapatos” ( recomendado na Red Nacional de Teatros e con mención especial do Xurado no 26 Festival internacional de títeres Vall d'al Baída) ten en carteleira espectáculos para o público infantil e familiar. Dende os inicios misturan diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza.. producindo espectáculos como “Mensaxe sen botella” , “ Lazarillo", "Animaliños", "Os Bolechas", "Zapatos" e "Feo!", entre outros. "REDONDO" é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará una asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha Proposta visual para gozar en familia. Aforamento máximo por función: 100 espectadores.