Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
REINA JUANA

Compartir:

Concha Velasco meteuse na pel de mulleres únicas, como Santa Teresa ou Hécuba, e agora volverá encarnar a outra muller fascinante, Juana a Tola, nun monólogo escrito por Ernesto Caballero, que dirixirá Gerardo Vera e que estrea en 2016 en Sevilla. O monólogo é un oratorio que Caballero presenta no momento que a raíña sabe que vai morrer e fai unha confesión na que repasa toda a súa vida. “Teño unha ilusión tremenda, estou segura que vai ser un dos personaxes máis importantes da miña vida. Agora non paro de estudar, levántome ás 6 da mañá para ler e doume conta do pouco que sei de historia, Juana la Loca é a gran descoñecida”, explica a actriz. “A media que ía escribindo o monólogo e vendo a cara e os xestos do personaxe ía pensando en Concha, porque necesitaba que o personaxe tivese vitalidade e alegría, desexo de reinventarse e de deixar as mazmorras, e iso só podíao facelo unha actriz inmensa como é Concha Velasco” argumenta Ernesto Caballero. A obra, que dirixirá outro grande da escena, Gerardo Vera -con quen até agora nunca traballara a actriz-, estrearase en abril en Sevilla e despois representarase en Madrid, no teatro da Abadía. “Aí aparece un personaxe que vai máis aló das etiquetas, como a de ser unha icona da tolemia por amor -precisa Ernesto Caballero-. Foi unha persoa fascinante, moi sensible e culta con valores do Renacemento, falaba latín, francés, era música. Naceu fóra de lugar e do seu tempo”. Para o dramaturgo, Juana la Loca foi “obxecto de linchamento, como podería selo hoxe nas redes sociais. Condenada a unha morte civil a partir da utilización interesada dos seus brotes ou arrebatos”. “Estivo manipulada polo seu pai Fernando o Católico, polo seu marido Felipe el Hermoso e despois polo seu fillo Carlos V”, precisa Caballero, quen subliña que a ficción lle permitiu especular e crear unha figura a partir dunha peripecia vital complexa que fai ver a un personaxe “valente e único, a unha raíña soa, un personaxe que non se axustou aos parámetros sociais do que se esperaba del”.
Duración:
1 hora y 30 minutos
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar