Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
ROJO

Compartir:

Mark Rothko, un dos grandes representantes do chamado Expresionismo Abstracto, enfróntase ao que quizais é o seu maior reto profesional e o seu peor dilema ético: pintar unha serie de murais, extraordinariamente ben pagos, que deberán decorar o elitista restaurante Four Seasons de Nova York. É o principio da decadencia, pero o tormentoso creador négase a aceptar que un novo movemento, o Pop Art, axexa disposto a pisar o seu legado tal e como a súa xeración fixo cos cubistas que a precederon. Baixo a incisiva mirada do seu mozo axudante, e disparando palabras como dardos, Rothko pinta un certeiro retrato da súa visión da arte, da vida e da morte á que non quixo esperar. Galardoada con seis premios Tony (incluído o de Mellor Obra) e representada no medio mundo desde Chile até Japón, "Rojo" constitúe o maior éxito teatral do dramaturgo e guionista John Logan. É a primeira vez que se representa en escenarios españois.
Duración:
1 hora e 30 minutos
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar