Romeo y Julieta de William Shakespeare, é para moitos unha obra perfecta, unha icona, e un clásico da literatura mundial.
É unha historia de amor que se coce na marmita do odio. Un odio que enfronta a familias, pobos, nacións ou ideoloxías, e que impide que prosperen os sentimentos máis puros entre dous mozos.
Cómo pode germinar o amor entre mozos de bandos opostos nesa ciénaga onde habita o rancor? Que poden facer eles para escapar dese pantano? As areas movedizas da traxedia téñenos atrapados e aínda que pretendan fuxir, o destino xoga coas cartas marcadas.
Coñecemos estes odios, vinganzas, guerras, enfrontamentos que parecen cimentados na noite dos tempos.
A nosa proposta aséntase desde ese perigo, ese sentimento que podrece e esnaquiza os lazos de convivencia, e como se enfrontan Romeo e Julieta a esa devastación.
ROMEO Y JULIETA, é un das montaxes con máis candidaturas aos PREMIOS MAX 2020, con 4 Nomeamentos nas seguintes categorías:
- MEJOR ESPECTÁCULO DE TEATRO.
- MEJOR DIRECCIÓN.
- MEJOR ADAPTACIÓN TEATRAL.
- MEJOR VESTUARIO.