Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
Dúas mulleres reunidas na sala de espera dun cárcere. Esta é a escena que dá inicio a Rosa de dous aromas, que, baixo a dirección de Lino Braxe, recrea a historia de dúas estranas que comezan a relacionarse cando descobren que visitan ao mesmo home.
Unha delas é a esposa. A outra a amante. Ambas as dúas teñen fillos do ausente que se encontra recluído por motivos pouco decorosos e toman unha decisión cuestionable da que non quedan claros todos os seus fundamentos: reunir o diñeiro para sacalo da cárcere.
A pesar do engano e da vida paralela que descobren, Marlén e Gabriela conservan algo que as impulsa a buscar o xeito de liberar ao se traizoeiro amor, descubrindo no camiño, entre medio de rifas e tandas para xuntar as moedas, que a amizade que comeza a unilas tórnase cada vez máis importante, e permitirá ó espectador adentrarse no complexo mundo dos sentimentos das mulleres.
Colabora
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, AGADIC
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com