“SEA GIRL”, película de cinema amateur, interpretada por mozos, profesores e adultos de Ourense, Ponteareas, Vigo, Santiago de Compostela e Las Palmas de Gran Canaria. Rodada e gravada en Galicia e Gran Canaria. Narra a historia dunha moza xurdida do mar que presencia un descubrimento arqueolóxico por parte dunha nova estudante, atopando unha ánfora nun castro celta. Tentará axudar a unha adolescente (interpretada por Zaida González), que por medio dun libro influirá na mesma, onde se resalta a vida, a amizade e sobre todo a esperanza, a reflexión e a invitación á lectura.
Particicipó na 39 edición do Sundance Film Amateur Festival 2023, obtendo 6 premios de entre 15 outorgados polo Xurado desta edición: “SEA GIRL” (España): Mellor película, mellor director (Angel Fdez. Prado), Mellor actriz (Zaida González), mellor fotografía, mellores valores humanos, Mellor interpretación de actores secundarios.