Un pintor, con moitos anos no oficio, leva tempo sumido nunha crise creativa. Desde que faleceu de forma imprevista a súa muller, que era todo para el, prácticamente non puido volver pintar. Estamos no verán e outono de 1975. A filla maior de ambos está no cárcere polas súas actividades políticas, e é nesas datas cando xorden os primeiros síntomas da enfermidade da súa nai que a filla vivirá desde dentro da prisión. É outro recordo permanente na vida do seu pai, que tamén agora revive. Esta obra teatral é o relato dunha historia de amor en camiño desenfreado cara á morte, que nos sitúa naquela España con trazos inequívocos, que nos fala da felicidade e da súa perda, e que chega á intimidade de cada ser humano, e á súa emoción, polo camiño recto e simple da verdade. JOSÉ SANCRISTÁN E MIGUEL DELIBES En setembro de 1989 estreamos “La guerra de nuestros antepasados”. Hoxe volvemos a Miguel Delibes. Despois daquela prodixiosa criatura á que o mestre chamou Pacífico Pérez interpretei personaxes de A. Miller, A. Strindberg, G.B. Shaw, D.Desola, S. Benchetrit, M. Vargas Llosa, P. Schaffer, J.R. Fernández, J. Hatcher, D. Wasserman, A. Machado, D. Mamet … Rodei películas e series de TV. Sinto que volver a Miguel Delibes, agora co seu sobrecollido Nicolás, supón entregarme a unha tarefa que ben puidese ser ou significar a culminación dunha aventura de traballo e de vida que vén durando xa máis de sesenta anos. Sexa como sexa … Pacífico dicía do seu tío Paco que foi “o home que lle ensinou a mirar”. Volver a Miguel Delibes é non deixar de aprender a mirar. Pasen. E miren. José Sancristán.