Juan Mayorga: Premio Nacional de Teatro (2007), Premio Nacional de Literatura Dramática (2013), Premio Princesa de Asturias de las Letras (2022)
Vestido cun traxe de etiqueta dentro do que non acaba de sentirse cómodo, o dramaturgo vai ingresar na Academia pronunciando un discurso titulado Silencio.
Os seus oíntes son os outros académicos, cos que comparte estrado, e as persoas -familiares, amigos, colegas, autoridades, descoñecidos…- que viñeron a acompañalo esta tarde. Elixiu falar sobre o silencio na vida e no teatro. Tamén viaxar por silencios teatrais que resoan na súa memoria e no seu corpo.
Igual que aos espectadores, eses silencios poden enfrontalo cos da súa propia vida. Quizá teña, en cada momento, a tentación de calar. Quizá o silencio, que soporta o discurso e sobre o que o discurso indaga, poña o discurso en perigo. Quizá o máis importante sexa, para quen pronuncia o discurso e para quen os recibe, por encima e por baixo das palabras, escoitar xuntos o silencio.