Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN

Compartir:

O soño dunha noite de verán brilla na bibliografía de Shakespeare como pedra angular da súa peculiaridade, despregando en favor da comedia multitude de recursos que encaixan como un guante no imaxinario de Voadora. Destacan a súa honestidade coas múltiples referencias empregadas e, unha vez máis, a metateatralidade como reflexo da eterna loita entre o real e o máxico -tamén metáfora sobre o teatro- que obsesionou ó autor ata os seus últimos días. Para abordar a dramaturxia, partimos dunha análise da obra que nos leva a desentrañar os seus incontables misterios e, tal e como fixemos coa nosa anterior adaptación -A Tem-pestade-, a establecer unha rede referencial que nos obriga a achegar a maquinaria da compañía ao universo do autor. Adaptar as palabras de Shakespeare implica comprendelas, sentilas e finalmente respeta-las, posto que os seus temas son imperecedeiros e os seus argumentos unha excusa para chegar a emocións universais que permanecen frescas no contexto do presente. O enredo / a comedia: o efecto bolboreta.
Duración:
1 hora e 15 minutos
Descanso:
Non
Idioma/s:
Galego

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar