Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
O paradoxo do título remítenos aos extremos desta obra: a morte a vida. Personaxes que ven na morte a única solución xúntanse nun seminario de suicidioloxía”proposto por un deles. Vidas danadas, problemas sen solución aparente, a vida sen sentido tal e como discorre... Dalí sairá unha conclusión, como adoita acontecer nos congresos: participarán nun suicidio en grupo, un suicidio colectivo con encanto. E aí comeza o gozoso. Cando se vive cada día coma se fose o último, cando o carpe diem” golpea ás persoas e aflora a humanidade, o gozo, a explosión vital. Iremos descubrindo o que agocha cada personaxe nunha viaxe desde Galicia á punta máis septentrional de Europa. Unha policía tratará de entender que traen entre mans ese excéntrico grupo dirixido por un coronel, unha directiva de empresa e unha xefa de estudos... E todo iso sazonado dun humor latente durante toda a peza que en ocasións chega a ser humor negro.
Colabora
Teatro Principal - Deputación Provincial de Ourense
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com