Unha historia crúa, coma o sushi: cuncas de té, vinte personaxes que marcaron unha vida, unha xeración da apatía, un segredo substancioso, alimentación macrobiótica, traumas familiares, traumas sociais, traumas espaciais, unha terapeuta que canta, unha mestra de cerimonias, un par de amores non correspondidos e unha Katana. Pode dicirse que “Sushi Gratis” é unha peza do que fomos, da raíz do desastre, das lembranzas... A construción ficticia da propia vida e da nosa identidade. Hai un segredo, como o das telenovelas, que vai saíndo á luz dende o que pide a historia, a través dun texto, en parte improvisado. Cristina Balboa conta a historia, Lúa Gándara é a confidente, a asistente, a que tira do fío, a que quere chegar ao fondo do asunto e unha espectadora máis.