A compañía madrileña Nueveuno, despois da súa exitosa traxectoria de Sinerxia 3.0, preséntanos “SUSPENSIÓN”.
Vemos en escena a cinco homes. Son normais, están subidos nun escenario. Cada un distinto e todos iguais. Cóidanse, empúxanse e celebran xuntos. Están a lanzar coitelos contra a súa propia sombra, mirando para si, movendo os focos para iluminar espazos distintos, mostrando a súa intimidade, e espíndose para escoitar. Homes que se cuestionan constantemente, pero se regodean na súa propia identidade… son, o fin e o cabo, cinco homes.
Suspensión é un espectáculo chamado a transmitir. É unha proposta de circo contemporáneo na que nos gustaría que o público se poida ver e emocionar. É a nosa pelota lanzada ao aire que alcanza o instante de suspensión; o momento en que todo pode pasar, o momento en que podemos ceder á gravidade, ou tomar decisións distintas, o momento en que unha pelota queda flotando e con iso todos no escenario contemos o alento.
O momento de Suspensión.