A traxectoria artística de Histrión sostense en base a dous elementos fundamentais: a defensa do texto como elemento estructural que suxeita con firmeza a proposta artística e a interpretación como vínculo estreito entre os intérpretes e o espectador. Entendemos o teatro como unha expresión artística viva que nos permite pór a mirada en aspectos que nos interesan. Queremos achegarnos ao público, traballar directamente con e para o espectador, sen ambaxes, sen distancias, desde a emoción e até a emoción, con verdade. O mundo dos actores, os seus amores endogámicos e as súas relacións cos productores, autores e directores dos que dependen son retratados con fiereza na posta de Histrión. Teatro para paxaros, do arxentino Daniel Veronese que tamén dirixe a obra, posúe un andamiaxe tan perfecto que, en mans destes excelentes actores, converteu nun momento único esta representación. Ao texto de Veronese hai que sumarlle o pracer de deixarse levar pola interpretación de Xema Matarranz, Manuel Salgas, Asunción Ayllón, Elena de Cara, Enrique Torres e Paco Inestrosa. Irrepetibles.