Inspirada nun feito real, "Tierra del fuego" conta a historia dunha ex azafata israelí, vítima dun atentado no que resultou ferida e a súa mellor amiga morta. 22 anos despois decide visitar e atopase co terrorista autor do atentado, quen está detido nunha prisión de Londres, condenado a cadea perpetua. O relato proponse reflexionar sobre a necesidade de escoitar a historia do outro, do inimigo, como condición necesaria para iniciar un diálogo e comezar a esbozar a paz e a convivencia pacífica como posibilidade. Unha proposta para reflexionar sobre as causas e consecuencias da violencia política militar, nunha das zonas máis quentes do planeta e sobre o lugar do diálogo e a palabra como medio para a convivencia pacífica e a xustiza. Unha historia relevante para o noso tempo cuxo significado excede o limitado contorno do conflito do Medio Oriente.