A PRIMEIRA COMEDIA EN VERSO DO SÉCULO XXI. Unha obra única: creada en verso á maneira dos grandes autores do Século de Ouro segundo as formas estróficas e métricas expostas pola “comedia nova” de Lope de Vega, “Todas hieren y una mata” viaxa entre o século XXI e o século XVII para falarnos do paso do tempo, os recunchos do amor e o desexo e o prezo da conquista da liberdade da muller. Unha reinvención orixinal da comedia de capa e espada, o gran xénero cultivado por Lope, Calderón e Tirso, con todos os seus elementos formais postos en xogo ao servizo dunha trama de viaxes no tempo, duelos de honra, equívocos, enredos amorosos, maxia... e personaxes recreados a partir dos personaxes craves do teatro clásico: a dama, o galán, o corrixidor, a bruxa, o gracioso... A OBRA O galán don Daniel e o seu criado Pico, perseguidos polo corrixidor tras fuxir da casa da nova Aurora, atopan no bosque a unha bruxa que lles salva cos seus feitizos para viaxar polo tempo. Ao longo das súas viaxes temporais tentarán namorar a Aurora, que garda un segredo: é unha dama lectora cunha biblioteca enterrada no seu xardín. E errando o seu camiño máxico, criado e cabaleiro chegarán ao século XXI, onde unha misteriosa profesora axudaralles na súa aventura amorosa...