Todas as manifestacións culturais sobre a Transición interesan. E é normal. As sociedades forman e educan os individuos que logo crean os textos e os espectáculos que retratan a esas sociedades. É certo que hoxe, nunha cultura cada vez máis global, os textos dramáticos sobre o noso pasado recente non chegan doadamente aos escenarios. Este é un intento de demostrar que isto non ten por que ser así. Cremos que o binomio individuo e sociedade, persoa e Estado, configura unha das ecuacións fundamentais do ser humano, un dos seus grandes temas. De aí o interese dun período no que toda unha sociedade cambia, transformándose política, individual e culturalmente. Para entender como somos agora temos que entender como fomos. Sabemos que entrar a valorar a Transición pode xerar aínda un acendido debate político. Non obstante, cremos que o teatro que chegou a voar alto no discurso de ideas, o fixo sempre a través da humanidade dos seus personaxes. É a través desa humanidade por onde se orienta a nosa busca da lóxica, a razón ou a xustiza. Unha sociedade para existir debe contarse a si mesma, e a Transición é un período transcendental da nosa historia cuxa revisión, dende a ficción escénica, pode axudarnos a comprendela e a comprendernos mellor...