El Trío Guarneri Praga reúne a tres solistas internacionalmente renombrados que proseguen congregar a experiencia da tradición checa de música de cámara. A longa colaboración de Ivan Klánsky con Ceněk Pavlík e con Marek Jerie potenciou e fomentou o desenvolvemento da ecuánime harmonía e homoxeneidade no estilo deste conxunto.
O trío viaxou polo mundo enteiro: Europa, Canadá, Estados Unidos, América do Sur, Australia e asistiron ós festivais máis importantes: Festival de música en Lucerne, Carinthian, Festival de verán en Austria, Dvořák Festival in Praga, Schleswig-Holstein Music Festival e Vitoria Festival en Canadá, etc.
O Trío Guarneri Praga recibiu varios premios de gran prestixio, entre eles: Choc Le Monde da Musique pola gravación de L.v.Beethoven e o mesmo premio pola gravación de Mendelssohn e Shostakovitch en outubro 2001.
Importante éxito é o ser seleccionado pola revista Grammophone como Editors choice entre os 10 CD recomendados en todos os xéneros no mundo.
IVAN KLANSKY
É probablemente o pianista máis destacado da República Checa. Estudou na Academia de Praga con V.Kameníková e F.Rauch. Foi laureado repetidamente nos Concursos lnternacionales de Bolzano, Leipzig, Barcelona, Santander e Varsovia. Polo seu éxito recibiu tamén o título de cidadán honorario no Festival lnternacional de Pomba Ou’Shea en Santander. Recibiu segundo premio, nos festivais de Praga e primeiro premio en Londres.
O mesmo tempo, ademáis de tocar como solista, é membro do mundialmente coñecido Trío Guarneri Praga e pedagogo ná Academia de música de Praga e no Conservatorio en Luzern, Suíza.
ČENĚK PAVLÍK
Figura actualmente entre os máis importantes violinistas da xeración checa. Estudou no conservatorio e na Academia de Praga con Nora Grumlíková e perfeccionouse estudando con Milstein. Obtivo o primeiro premio no concurso lnternacional de Praga e en Londres. Deu concertos con famosos directores de orquestra en moitos países de Europa e vive como artista independente na República Checa.
MAREK JERIE
Nado 1947 en Praga, é un dos máis destacados violoncelistas da súa xeración. Estudou na Academia de Praga con Rpolín e Vectomov e Profundou os seus coñecementos musicais e técnicos tomando cursos con Casals e Rostropovitch.
Deu concertos como solista e como músico de cámara en case toda Europa así como en América do Sur e no subcontinente asiático.
Dende 1976 é profesor no conservatorio de Luzern.
Programa:
I PARTE:
Joseph Haydn Trio G-Dur Nr.1 Hob.XV
(1732-1809) Andante
Poco Adagio
Finale. Rondo all'Ongarese
Johannes Brahms Trio H-Dur op. 8
(1833-1897) Allegro con brio
Scherzo. Allegro molto
Adagio
Allegro
II PARTE
Antonin Dvorak Trio e-Moll op. 90 "Dumky"
(1841-1904) Lento maestoso
Poco Adagio
Andante
Andante moderato
Allegro
Lento maestoso