Laura Mandarina acadou con este espectáculo gran parte do seu recoñecemento artístico. O Premio do Público de Festiclown, o da Mostra de Pallasos de Xirivella ou o do Farándula de Gran Canaria chegáronlle á compañía da man desta obra, que ben poderiamos calificala como a historia de amor máis grande xamais contada. Trátase da historia de como se coñeceron os pais de Mandarina. A artista propón nesta peza, destinada a todos os públicos, unha mirada ao ridículo que pode chegar a ser unha persoa namorada. Mandarina enfúndase no traxe e na pel de dúas personaxes e preséntanos unha comedia universal na que a tenrura, o humor e o absurdo combínanse para emocionarnos, facernos rir e lembrarnos que non hai nada máis marabilloso e absurdo que caer no namoramento. Para esta fábula, Mandarina contou coa complicidade de Sergi Pons na dirección e Josep Mª Balduna na composición musical. Teatro, clown e maxia cómica servido todo nun mesmo prato acompañado do gusto doce da Mandarina.
CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA Y AGADIC