Rúa Paz 9
32005 - Ourense
Compartir:
Cinco personaxes nunha peza que aborda con ironía, humor e drama dous temas que se tocan, que se confunden e rozan: o exilio e a inmigración. Sen paternalismos, sen condescendencia e sen tópicos, esta obra trata de poñer nome e apelidos a aquelas persoas que a miúdo só coñecemos a través das cifras e estatísticas dos titulares de prensa.
Un axente de policía que cre que neste país non cabe ninguén máis. Un inmigrante que chama dende un locutorio á súa muller e, entre divertidos desencontros e confusións, explica como lle van as cousas e a dureza da distancia. Unha muller subsahariana que conta ao seu fillo como viaxou a Europa e os obstáculos que encontrou no primeiro mundo.
Un mozo que relata a súa experiencia fronte á tortura na Arxentina da ditadura da Xunta militar dos 70, e un home que, cargado de sarcasmo, filosofa sobre o que supón estar lonxe de casa e perdelo todo por un exilio político.
Estes textos están baseados e inspirados en persoas e experiencias reais coñecidas grazas á colaboración de diversas organizacións e ONG`s ás que o autor debe un enorme agradecemento.
Colabora
Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com