Unha xornada particular narra o conmovedor encontro de Gabriel, un locutor de radio a piques de ser deportado pola súa homosexualidade, e Antonieta, a súa veciña até entón descoñecida, unha nai de familia exemplar que é rebaixada a servente da familia e engendradora de fillos que o delirio fascista require e premia. Durante a visita dun dos máis altos xerarcas do réxime nazi, Heinrich Himmler, a España, o 20 de outubro de 1940, Antonieta queda soa e dedicada ás tarefas domésticas mentres a súa familia disponse a asistir á recepción multitudinaria. É entón cando se establece esa fugaz, e para ela desconcertante, relación co veciño; unha relación que lle mostrará o verdadeiro rostro do mundo no que vive e que, sen dúbida, deixará unha profunda pegada na súa alma.