Empezaremos nun pequeno taller de costureiras de Galicia, viaxaremos a Asia para coñecer cal é a situación laboral das traballadoras de aquí e de alá. En paralelo, escenas diversas nas cales personaxes como Mariona, Miquel ou Ramón van de compras e atópanse en situacións diferentes: a entrada a unha tenda cunha música estridente que che convida máis a bailar que a reflexionar sobre que necesitas, unha tenda onde non atopas uns pantalóns "normais" que porche, o descubrimento dunha mancha na camisa antes dunha entrevista, camisetas que falan mentres esperan, colgadas, que alguén as compre, unha nai que che presiona para que compres o que busca en tí, unha peza de roupa que desencadea un desexo, unha elección de compra que che transporta alá onde quererías ir ...todo isto e máis cun ton de bodevil e un ritmo enérxico: entradas e saídas cheas de humor inspiradas na vida cotiá, que nun momento ou outro nos atopamos.