Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Concierto

Compartir:

"VOCES FEMENINAS"

SON Estrella Galicia
 
 Voces Femininas naceu en 2008 como un espazo no que dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o mundo.
 
Trátase de dar a coñecer ao gran público a artistas incriblemente dotadas, algunhas con gran predicamento nos seus países e na escena internacional.  É un espazo no que priman as cancións, no foco para a configuración do cartel ponse na calidade das artistas.
 
En definitiva, a intención é reivindicar o talento de toda unha xeración de intérpretes e compositoras e facelo de forma festiva.
 
A primeira edición de Voces Femininas celebrouse unicamente en Vigo, pero estendeuse en 2009 a Ourense e en 2012 a Madrid. Desde entón, o Teatro Principal de Ourense foi o fogar do festival.
 
Polo espazo pasaron nomes da talla de Emmy the Great (Inglaterra), Tune-Yards (Estados Unidos), Sharon Van Etten (Estados Unidos), Basia Bulat (Canadá), Lisa Hannigan  (Irlanda), Anna Ternheim (Suecia), *Ólöf Arnalds (Islandia), Soley (Islandia), Fraçoiz Breut (Francia), Maria Arnal i Marcel Bages (España), Pauline na Praia (España) ou Soleá Morente (España). En total, máis de trinta artistas forman parte xa da historia de Voces Femininas.
 
Un ano máis, isto é posible grazas ao apoio incondicional do Teatro Principal de Ourense, a Deputación e Son Estrela Galicia.
 
VOCES FEMININAS 2024
 
OURENSE, VENRES 21 DE NOVEMBRO, 20:00H.
TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE
 
 
SANNY
 
Sanny é o nome artístico tras o que se esconde Sandra Gómez, unha artista viguesa cun pé no Dylan dos primeiros anos e no Bruce Springsteen de Nebrasca e coa vista posta en artistas como Sharon Van Etten ou Phoebe Lou Bridgers.
 
Curtida na escena musical viguesa e nas noites de micro aberto inglesas publica en 2019 o seu primeiro EP, Loners Downtown, no que se pode apreciar a influencia da música tradicional americana e de artistas como Elliot Smith ou Bright Eyes.
 
Nos seus dous seguintes singles, 25 e Bird in a Cage, distánciase do folk máis tradicional e principalmente acústico das súas primeiras composicións para dar paso a melodías máis elaboradas e a unha produción máis coidada.
 
ELENA SETIÉN
 
A donostiarra Elena Setién é quizais una de artistas máis peculiares do noso país. Formada en música clásica e canto, desenvolveu boa parte da súa carreira en Dinamarca, onde chegou a estar nomeada a 4 grammies daneses de jazz.
 
Os seus últimos discos publicounos o prestixioso selo norteamericano Thrill Jockey, fogar de propostas musicalmente tan excitantes como as John Paris, Oval, Tortoise ou Mouse on Mars.
 
As súas cancións son composicións cheas de matices, pequenos relatos que levitan e mergullan ao oínte nun profundo estado de fantasía.
 
SAINT SAVIOUR
 
Colaboradora de Groove Armada, cos que aínda a día de hoxe segue virando, Becky Jones leva máis de 12 anos marabillando ao mundo co seu proxecto persoal, Saint Saviour.
 
Acaba de lanzar Sunseeker, o seu cuarto álbum de estudo, un precioso exercicio de pop barroco, influenciado polo nacemento do seu primeiro fillo, e no que volve colaborar ,como adoita ser habitual na súa carreira, con Billy Ryder-Jones.
 
 A través dos seus once luminosas cancións a artista británica abandona o existencialismo que dominaba os seus primeiros discos, para mergullarnos nun universo de luz e alegría, un bálsamo contra o cinismo imperante na actualidade.
Data/s:
22 Nov 2024
Hora/s:
20:00 h.
Duración:
90'
Descanso:
Si
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar