O cambio climático está a provocar catástrofes ambientais, que van transformar as sociedades e o comportamento dos individuos. Ante a proximidade dun devastador ciclón, a tribo dos Tourons -paxaros das Illas Oceánicas- non ten outra opción que escapar urxentemente cara a outras latitudes. Para sobrevivir a esta catástrofe anunciada é necesario abandonar en terra aos máis débiles, aos que voan mal ou simplemente non voan por causa de accidentes, idade, procedencia ou discapacidade. En "Vuela si puedes" catro paxaros ofrécennos unha fábula bela e rica en contido: racismo, indiferenza, loitas de poder... pero tamén amizade, solidariedade e respecto. Partindo dun inevitable conflito, a obra aborda con intelixencia e sensibilidade unha extensa paleta de relacións co outro a través duns animais que, curiosamente, parécense moito aos humanos. Quizais demasiado.