Joglars é unha das compañías máis lonxevas e estables de Europa con 55 anos de vida, constituída en 1961. O noso proceso de creación parte dunha documentación exhaustiva combinada con improvisacións para finalizar coa selección dos momentos definitivos que constituirán o argumento central. ZENIT – La realidad a su medida. Nesta ocasión centramos a nosa mirada nos medios de comunicación. Algo que empezou cunha pluma de corvo ou un cincel, co paso do tempo converteuse nunha máquina voraz e inenarrable de éxito e poder. Naceu da necesidade de transmitir información vital para a sociedade, pero aos poucos deveu un negocio do entretemento, máis centrado en desenvolver unha “fast truth” para a masa que no seu lexítimo obxectivo primeiro. A súa cota de poder e influencia é proporcional ao número de vendas para iso esta máquina non dubidará en matizar, manipular, retocar, filtrar ou enfangar a realidade. Non importan nin a ética nin a moral, o obxectivo é sosegar á masa, tela en albas, atenta, adicta á última hora. Á súa vez a masa é presentada como unha devoradora pantagruélica de información fresca e renovada constantemente.