Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

28 Mai 2014

1 DE XUÑO: BERROGÜETTO COMEZA A SÚA XIRA DE DESPEDIDA

 /

Fotógrafo: Javier L. Navarrete

1 DE XUÑO: BERROGÜETTO COMEZA A SÚA XIRA DE DESPEDIDA NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE ÁS 20:30 HORAS

- Será o primeiro concerto da xira de despedida dende que a banda anunciou a súa disolución en febreiro de 2014

- Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Vigo son as outras cidades escollidas pola banda para despedirse do seu público.

O vindeiro domingo 1 de xuño no Teatro Principal de Ourense terá lugar o primeiro concerto da xira de despedida de Berrogüetto, Unha luz que non se apaga. Tras 18 anos de ininterrompida carreira pechan agora o seu historial con cinco concertos únicos e, en todos os sentidos do termo, definitivos; cinco ocasións postremeiras para apreciar as esplendorosas dimensións desta insólita arquitectura emocional. Cinco invitacións á fascinación e ao goce, ao sorriso e ao latexo acelerado, por máis que algún, arriba e abaixo do escenario, quizais loite por reprimir esa bágoa traizoeira da anguria. Será un percorrido cronolóxico inverso, desde o final luminoso do faro até o refulxir daquelas orixes nas madrugadas palpitantes do Café Dublín.

 

Compartir:

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar