Rúa Paz 9
32005 - Ourense
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas está considerada como unha das principais contribucións de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) ao ámbito da literatura infantil e xuvenil. Dela, o seu autor dicía que era un disparate continuo de movemento e fantasía que inaugurou, ademais, o teatro destas características na literatura infantil galega.
A obra presentouse onte martes no Teatro Principal, aos medios de comunicación que contou coas intervencións do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad; Xavier Casares, irmán de Carlos Casares e presidente da Fundación que leva o seu nome; José Caldas, director do espectáculo; Manuel Guede, director do CDG; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación e Olga Mojón, directora do Teatro Principal, así como os actores da obra.
A obra estréase este venres dia 3 de outubro, no Teatro Principal de Ourense. Haberá unha única función ás 20:30 horas e a entrada é por convite, as persoas interesadas en asistir deberán chamar ao teléfono: 981-581.111.
Compartir:
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com