Hoxe tivo lugar a presentación do "Concerto Solidario de Nadal" que tera lugar o día 21 de decembro ás 19:30 horas, no Teatro Principal de Ourense. A encargada de poñer a banda sonora a este concerto será a banda de gaitas da Asociación de Cultura Nova Fronteira. O diñeiro recadado ira destinado á asociación Pequenos Superheroes, dedicada ás enfermidades raras.
Á presentación asistiron, Marcos Vázquez (Director de Área de Cultura da Deputación Provincial de Ourense), José Manuel Fernández (Presidente da Asociación Cultural Nova Fronteira), Ana Peleteiro (Concelleira de Cultura do Concello de Barbadas), Daniel Carril (Concelleiro de Cultura de Cartelle), Pablo Martínez (Director Musical de Nova Fronteira).