Rúa Paz 9
32005 - Ourense
O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, presentaron esta mañá os detalles desta nova edición do programa
Ourense, 11 de decembro de 2023.- O Teatro Principal da Deputación de Ourense organiza un ano máis o programa “Nadal en familia” con propostas culturais que inclúen música, teatro, circo e ballet. O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, presentou hoxe xunto á directora do Teatro Principal, Olga Mojón, os detalles desta nova edición do programa.
Esta nova edición caracterízase por ofertar un programa con “gran calidade técnica e artística que mestura propostas culturais variadas e para todos os públicos”, e neste sentido dixo que este tipo de iniciativas como “Nadal en familia” que encaixan nese “labor pedagóxico que debemos facer as institucións de crear novos públicos consumidores de cultura”.
Ademais, César Fernández puxo en valor o traballo que realiza o Teatro Principal da Deputación afirmando que é a “proba viva da importancia da actividade cultural para conformar unha sociedade adulta e madura”. Mentres que, Olga Mojón destacou que este programa pon en valor a posibilidade de “acudir a actividades culturais cos máis cativos para que teñan o seu propio espazo”.
Programación de "Nadal en familia"
A programación arranca con música clásica no Teatro Principal o 22 de decembro, co concerto de Nadal European Sinfónica Orquesta, ás 20.00 horas. Ao día seguinte, haberá teatro musical para público familiar a partir dos 6 anos, co espectáculo “Paüra” de Lucas Escobedo, a partir das 18.00 horas. Os días 26 e 27 de decembro será a quenda para o circo da man de La Fiesta Escénica que presenta “Circo de Nadal 2023”, con dous pases cada día: ás 18.00 e ás 19.30 horas o primeiro día; e ás 12.00 e ás 18.00 horas, ao día seguinte.
O 28 de decembro chega o teatro infantil para gozar a partir dos 5 anos, da man de Caramuxo Teatro que presenta “Crisálida”, ás 12.00 e ás 18.00 horas. Ao día seguinte, a programación ofrecerá o musical familiar para maiores de 3 anos co espectáculo “Los músicos de Bremen” de Nacho Vilar Producciones, a partir das 18.00 horas.
As actividades retomaranse o 3 de xaneiro, a partir das 20.00 horas, co concerto de aninovo The Orbis Internacional Orquesta. O 4 de xaneiro continúa a programación co concerto de Panxoliñas, Coral de Ruada e o coro infantil Colexio Padre Feijóo-Zorelle, ás 18.00 horas. O programa “Nadal en familia” rematará con ballet o 6 de xaneiro coa obra “La bella durmiente” de Piotr Ilyich Tchaikovsky do Ballet Nacional de Moldavia, a partir das 18.00 horas.
Compartir:
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com