Presentación da estrea nacional de "O dragón de ouro", da compañía ourensá Sarabela Teatro. A presentación do espectáculo tivo lugar hoxe a cargo do vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; a directora do espectáculo, Ánxeles Cuña; e a directora do Teatro, Olga Mojón. O vicepresidente segundo da Deputación destacou a importancia da cooperación entre institucións en todos os ámbitos da administración, pero "este papel adquire maior relevancia no eido da cultura porque trasladámoslle á cidadanía a importancia da mesma e transmitimos a mensaxe de que a cultura ten a capacidade de crear e mover conciencia".