Rúa Paz 9
32005 - Ourense
O pasado nunca pasa, Ourense recolle unha selección de máis de mil cincocentas fotografías da segunda metade do século vinte, e mesmo anteriores, amosando a súa realidade e evolución tanto nos ámbitos urbanístico, social, ata o deporte e o ensino, pasando pola cultura, as tradicións relixiosas e as festas populares. Nesta recompilación retrospectiva tamén se atopan destacados persoeiros que deixaron pegada do seu paso pola cidade de Ourense. Tamén contén material fotográfico cedido por particulares, en concreto para a sección máis persoal da publicación: Tal como éramos adicado as familias ourensáns. Todo elo constitúe un novo e entrañable volume de Teófilo Edicións que permite volver a vista atrás e recuperar un tempo xa transcorrido, devolvendo ao lector lembranzas agochadas na memoria e que pon de manifesto que o pasado tamén está aí, máis preto de nós do que pensamos.
Compartir:
Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com
CONTACTOContribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.
© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com