Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

30 Out 2014

PRESENTACION PERPLEXO

 /

 A compañía ourensana ilMaquinario Teatro estrea este venres no Teatro Principal de Ourense a súa nova montaxe, Perplexo, unha obra orixinal de Marius Von Mayenburg que dirixe Tito Asorey e que protagonizan Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez.

A obra presentouse onte mércores no Teatro Principal, nun acto no que o director e os actores de ilMaquinario estiveron acompañados polo director do AGADIC, Jacobo Sutil e pola directora do Teatro Principal, Olga Mojón.

Olga Mojón mencionou na súa intervención a calidade de ilMaquinario, grupo ao que definiu como unha compañía que pisa forte non só en Galicia, senón tamén a nivel nacional e Jacobo Sutil amosou a súa confianza de que o novo traballo da compañía vai ser todo un éxito.

Compartir:

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar