A programación da
segunda tempada de 2021 presentouse ós medios de comunicación o xoves, día 2 de setembro e dende mesmo día poderase consultar na nosa páxina web.
Informámoslles que a venda de abonos terá lugar dende o dia 2 ó 14 de setembro, a través dos seguintes sistemas:
- Taquilla do teatro (12:00h a 14:00h).
-
www.ataquilla.com.
- Teléfono: 902 504 500.
- Sala de Exposición Afundación Ourense.
- Sede Afundación A Coruña.
- Sede Afundación de Santiago de Compostela.
Os abonados disfrutarán dun desconto do 5% en toda a sala, disporán do mesmo asento durante toda a tempada, recibirán no seu domicilio ou via mail a programación mensual e informaráselle doutras novas que poidan surxir durante o semestre. A compra de entradas para cada espectáculo poderase realizar dende o día 16 de setembro de 2021 nas páxinas web. www.teatroprincipalourense.com, www.ataquilla.com, teléfono 902.504.500, na taquilla do teatro o día da función, en horario habitual de 12:00h a 14:00h e dúas horas antes da función e nos espazos anteriormente sinalados.
Como espectador con abono durante o primeiro semestre de 2021, informarlle da posibilidade de manter o mesmo abono do anterior semestre. De estar interesado precisamos realice a súa reserva no teléfono 988.317.960 (horario de 9:00 a 14:00h de luns a venres, preguntando por Edesio/Rosa) e a través do correo oficina.teatro@depourense.es, indicando seu nome, teléfono e localidade/s correspondente/s o seu abono.
SÓ PODEN ACCEDER A ESTA POSIBILIDADE ESPECTADORES POSEEDORES DE ABONO EN TEMPADA ANTERIOR E QUE REALICEN A SUA RESERVA DENDE O DÍA 2 ó 9 DE SETEMBRO.